¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Más información - Aceptar.
Secciones
Síguenos en las redes
Buscar
Idiomas disponibles

A ORIXE. O CAMIÑO DE SANTIAGO DESDE O BARBANZA CHEGA A FITUR



Esta tarde, a Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa, acompañada pola Asociación Amigos do Camiño presentou na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) a historia do percorrido terrestre da ruta marítima Traslatio.

Antes de dar paso ao vídeo que narra este acompañamento a pé da ruta Xacobeo Mar de Arousa – Río Ulla, a coordinadora técnica de Barbanza Arousa, Irene Maneiro encargouse de relatar a historia deste camiño milenario, “somos un destino vivo e moi dinámico onde a tan solo 30 minutos de Santiago atópase o mar polo que entrou aquela embarcación máxica, este camiño é por tanto un encontro entre o peregrino contemporáneo e o viaxeiro do século XXI”.

A continuación, as persoas presentes puideron coñecer a través dunha proxección audiovisual a historia do camiño terrestre que acompaña á Ruta Xacobea Mar de Arousa – Río Ulla así como os símbolos de interese da tradición Xacobea.

O acto pechouno Manolo Ruíz, presidente de Arousa quen sinalou que “A Orixe, así bautizamos ao noso camiño, é o resultado de horas de traballo e investigación de moitas persoas e entidades, entre as que se atopan a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza que hoxe nos acompañan. Este traballo e a constante motivación por reivindicar que Barbanza Arousa está na Orixe da tradición Xacobeo é o que marcamos como o noso destino. Un destino que ten moito que ofrecer”.

Algúns dos presentes nesta presentación foron o Alcalde de Boiro, José Ramón Romero, Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, Xosé Lois, Alcalde da Pobra do Caramiñal e Antonio González Millán e Manuel Mariño Nin representantes da Asociación Amigos do Camiño.

Nos restantes días que dura a feira, Barbanza Arousa continuará presente e visible no stand de Turismo de Galicia, promocionando o xeodestino da comarca do Barbanza como unha alternativa de turismo sostible.

COMPARTIR