O Circuito de Carreiras Barbanza Arousa “4 carreiras, 1 meta” é un programa anual de carreiras que fomenta a práctica da actividade deportiva na natureza ao mesmo tempo que se coñecen os recursos e paisaxes do destino Barbanza Arousa. Está promovido e organizado de maneira colaborativa entre a Mancomunidade Barbanza Arousa e as concellerías de deportes de A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira.
O circuíto está composto por un total de 4 probas, iniciándose na Pobra do Caramiñal o día 25 de agosto, continuando en Ribeira o 28 de setembro e en Rianxo o 1 de novembro para rematar en Boiro o 1 de decembro.
Esta actividade inclúese dentro das estratexias da Mancomunidade de promover o turismo de natureza e activo e desestacionalizar a demanda, demostrando que Barbanza Arousa é un destino para desfrutar durante todo o ano. Recursos naturais e culturais de gran valor son os escenarios polos que se desenvolve esta carreira, de gran impacto paisaxístico.
Neste circuíto poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, sexan ou non federadas no deporte do atletismo e sexa cal sexa a súa procedencia. As inscricións poden realizarse a través desta mesma web.
Os premios serán económicos e tamén incluirán experiencias turísticas no destino Barbanza Arousa, co afán de dar a coñecer o territorio e continuar potenciando unha rede de prescriptores do mesmo.