¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Secciones
Síguenos en las redes
Buscar
Idiomas disponibles

Presentación


 

Qué é a Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa?

É unha entidade pública local de ámbito supramunicipal, creada en 1974 para mancomunar servizos entre os concellos que forman a comarca do Barbanza (A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira), situados na zona norte da ría de Arousa (provincia da Coruña).

No 2002 a Mancomunidade céntrase nun dos seus obxectivos, o turismo, implantando accións para consolidar Barbanza Arousa como un destino turístico diferenciado e de calidade dentro do panorama nacional e internacional.

Na actualidade, Barbanza Arousa fortaleceuse como destino grazas, en boa medida, á  súa posta en valor mediante a colaboración e sensibilización co sector empresarial e a poboación local.

 

 

Qué é Barbanza Arousa?

É natureza, acougo e calidade.

Barbanza Arousa son catro pobos mariñeiros habitados por unhas xentes de carácter aberto e hospitalario que farán sentirse ao viaxeiro como na súa propia casa.

A localización, no corazón da costa atlántica galega, e unhas boas infraestruturas de comunicación fan que o destino resulte facilmente  alcanzable. A fértil Ría de Arousa, que baña estes catro concellos, é unha das máis prestixiosas e recoñecidas a nivel mundial pola nobreza con que os seus produtos tinguen a súa gastronomía.

Complementado cunha considerable conservación do patrimonio natural, permite gozar de todo tipo de actividades ao aire libre en paraxes únicas e salvaxes como o Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo, lagoas de Carregal e  Vixán ou o amplo abanico de praias e roteiros de sendeirismo que se ofertan.

Grazas á extensa rede de recursos turísticos ligada coa cultura, etnografía e o pasado, permite unha oferta  desestacionalizada e versátil para calquera tipo de público. A Accesibilidade Universal está presente na oferta turística de Barbanza Arousa, o que fai que os obxectivos do desenvolvemento turístico están encamiñados a que todas as persoas, cada unha coas súas capacidades, poidan apreciar o valioso patrimonio destas terras.

Un destino con moito que ofrecer e todo por descubrir!