Adega situada na Pobra do Caramiñal e adscrita á IXP Viños da Terra do Barbanza e Iria, indicación concedida no ano 2006. O 70% dos viñedos son propios, procedentes dos clons do Convento da Merced e seleccionados entre os máis antigos. A adega produce entre 15.000 e 25.000 botellas anuais.
A filosofía da adega é de máximo respecto pola paisaxe e a natureza, evitando o uso de tratamentos innecesarios. O obxectivo é elaborar viños que reflictan o terreo. Onde a influencia das rochas graníticas e xistos do macizo do Barbanza, a súa auga e o océano, xunto co clima, marcan significativamente o perfil dos viños.
En canto a enoturismo, esta adega ofrece tres tipoloxías de visitas para adaptarse ás diversas necesidades e gustos dos visitantes.
Localidade: A Pobra do Caramiñal
Teléfono: 607 348 457
E-mail: adega@entreosrios.com
Web: https://entreosrios.com
Ano adhesión: 2023