O Museo do Gravado da Impresión Dixital está situado na localidade de Artes, concello de Ribeira. Artes forma parte do complexo dunar de Corrubedo e das lagoas de Carregal e Vixán, lugares que conforman unha das brañas máis singulares de España.
O Museo centra o seu obxectivo na recollida, catalogación (29.000 estampas catalogadas), estudo e difusión da arte gráfica desde as súas orixes ata a actualidade. Por iso recolle todas as técnicas artísticas que funcionaron dende o século XV ata a actualidade, xustificando o seu nome: dende o gravado ata a impresión dixital.
Localidade: Ribeira
Teléfono: 981 871 342
E-mail: fundartes@gmail.com
Web: https://www.fundartes.gal/
Ano adhesión: 2023