A Oficina de Información Turística da Pobra do Caramiñal está situada na Casa Mariñeira, próxima ó mar e permanece aberta durante todo o ano. Nela proporciónase información turística local e comarcal especializada, en material impreso ou dixital e en varios idiomas. A súa vez, infórmase das actividades de ocio vixentes e festividades, ademais da venda de produtos de experiencias, tales como excursións pola Ría da Arousa en veleiro, coñece-lo marisqueo de “a pé” ou rutas guiadas polo Río das Pedras, entre outras.
Localidade: A Pobra do Caramiñal
Teléfono: 671 090 262
E-mail: turismo@apobra.gal
Ano adhesión: 2023