A praia de A Lombiña-Cabío trátase dun areal resgardado, de augas tranquilas e area branca. Destaca a súa enseada en forma de cuncha e o seu paseo marítimo, con preciosas vistas sobre a Ría da Arousa.
Encóntrase totalmente acondicionada en canto a servizos se refire: zonas de aparcamento, posto de socorro, merendeiros, restaurantes e empresas de actividades náuticas son algúns deles.
Localidade: A Pobra do Caramiñal
Teléfono: 981 843 280
E-mail: turismo@apobra.gal
Ano adhesión: 2023