Vertigo Aventura oferta actividades de turismo de aventura no Barbanza. A cabalo da Ría de Arousa e a Ría de Muros-Noia, nas súas costas, ríos, bosques e barrancos realizan actividades de kaiak, canoa, barranquismo, via ferrata, coasteering e puenting. Todas as experiencias son adaptadas a rangos de idade, condicións físicas, familias e inclusive a mascotas.
As súas actividades están pensadas para maximizar a diversión, o coñecemento do territorio e o contacto coa natureza, da man de guías especializados con ampla formación e utilizando equipamento e materiais de calidade.
Localidade: Boiro
Teléfono: 652 456 180
E-mail: info@turismoactivogalicia.com
Web: https://vertigoaventura.ueniweb.com/
Ano adhesión: 2023