De aspecto virxe e salvaxe, é o principal areal do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, e atópase rodeado por vexetación dunar, bosques e hortas.
Ten forma rectilínea, con area branca, fina e protexida. O vento e a forte ondada favorecen as condicións para practicar deportes como surf ou windsurf. Hai correntes e resaca forte nos momentos de marea baixa.
Localidade: RibeiraTeléfono: 981 835 417E-mail: medioambiente@ribeira.galWeb: https://www.ribeira.gal/web/turismo-ribeira/praias/-/asset_publisher/ m58ozK1PQOZE/content/id/105096Ano adhesión: 2023