¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Secciones
Síguenos en las redes
Buscar
Idiomas disponibles

Senda Litoral de Taragoña

Entre mariscadoras y aves

Dende a praia da Torre, na que remata o paseo marítimo de Rianxo, podemos continuar camiñando pola senda litoral de Taragoña ao longo de 4 km máis, ata o lugar da Burata bordeando o litoral da enseada de Rianxo e achegándose ata as marismas da desembocadura do río Beluso, fronteira co concello de Boiro.

A senda discorre por unha paraxe verde e tranquila, boa parte cruzando bosques autóctonos con carballos, loureiros ou castiñeiros, entre outros, e tamén campos de cultivo ou pequenos regatos protexidos por freixos, ameneiros e salgueiros. Durante o percorrido podemos ter a sorte de ver, cando a marea está baixa, a mariscador@s cos seus raños recollendo exquisitos manxares como ameixas ou berberechos. Ademais, esta zona é boa tamén para a observación de aves, principalmente no inverno, como o mergullón de pescozo negro e o mergo cristado. No porto de Taragoña e na enseada de Ponte Beluso poderemos observar ademais parrulos, garzas reais, garzotas, gaivotas e picapeixes.

  • PUNTO DE PARTIDA: Praia da Torre
  • MAIL: turismo@concelloderianxo.gal
  • TELÉFONO: 981 866 663 / 667 185 576
  • WEB: http://rianxo.gal
  • PERCORRIDO (IDA E VOLTA): 8 km
  • DURACIÓN: 3 horas
  • NIVEL DE DIFICULTADE: Baixo
  • ACCESIBILIDADE: Non accesible para persoas con mobilidade reducida