¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Secciones
Síguenos en las redes
Buscar
Idiomas disponibles

Castro de Neixón

Historia da arqueoloxía galega

A riqueza e importancia arqueolóxica deste enclave, un dos máis relevantes do Noroeste peninsular, fíxoo acredor do actual Centro Arqueolóxico do Barbanza. Aquí atópanse dous asentamentos castrexos, o Castro Pequeno e o Castro Grande, concretamente na península coñecida como Punta Neixón. O primeiro naceu a finais da Idade de Bronce. As escavacións remóntanse ata principios do século XX, con nomes tan significativos para a arqueoloxía galega como os de Fermín Bouza Brey e Florentino López Cuevillas de protagonistas. Hoxe poden verse restos de construcións de planta circular moi características da primeira Idade de Ferro. O Castro Grande foi ocupado con posterioridade, posiblemente tras o abandono do Pequeno, e conformou unha aldea protexida por unha serie de elementos defensivos como fosos e terrapléns.

 

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar