¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Secciones
Síguenos en las redes
Buscar
Idiomas disponibles

Petróglifos dos Mouchos

Tres conxuntos rochosos idóneos para coñecer a arte rupestre galega

Son tres afloramentos rochosos cheos de gravados que conforman posiblemente o conxunto de maior interese do rico complexo rupestre do concello de Rianxo. Nas súas máis de sesenta representacións abundan os motivos animais e antropomorfos. Mostra un cervo cunha liña a modo de colar, un feito bastante estraño, unha posible escena de equitación e outra de aparente contido sexual. Trátase dunha extraordinaria recompilación dalgúns dos máis habituais motivos dos petróglifos galegos. O acceso ata o lugar resulta sinxelo.

 

  • SITUACIÓN: Lugar dos Mouchos, parroquia de Santa María de Leiro
  • MAIL: turismo@concelloderianxo.gal
  • TELÉFONO: 981 866 663 / 667 185 576
  • WEB: http://rianxo.gal
  • ACCESIBILIDADE: Non practicable para persoas con mobilidade reducida