¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Secciones
Síguenos en las redes
Buscar
Idiomas disponibles

Cómo chegar a Arousa Norte


 

A serra da Barbanza e a Ría de Arousa son os enclaves naturais que delimitan o espazo de Arousa Norte. As súas terras acollen os municipios da Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira, tamén coñecidos conxuntamente como comarca do Barbanza.

Situada no suroeste da provincia da Coruña, Arousa Norte é un territorio ben comunicado coas máis importantes urbes galegas: o acceso pola autovía do Barbanza AG-11 á autoestrada da Atlántico AP-9 comunica rapidamente Arousa Norte con cidades próximas como Santiago de Compostela ou Pontevedra, ou as cidades máis distantes de Vigo, A Coruña e Ferrol. O acceso a Arousa Norte pola AC-305 permite ademais un paseo polos diferentes pobos que conforman o territorio: vilas mariñeiras, centros urbanos e pequenas aldeas rurais.


DISTANCIAS EN KM (municipio de Boiro como punto de referencia):

  • Santiago de Compostela: 53 km. Tempo estimado: 45 minutos.
  • Pontevedra: 55 km. Tempo estimado: 45 minutos.
  • Vigo: 82 km Tempo estimado: 1 hora.
  • A Coruña: 126 km Tempo estimado: 1 hora y 23 minutos.
  • Ferrol: 144 km Tempo estimado: 1 hora y 35
  • Ourense: 151 km Tempo estimado: 1 hora y 37
  • Lugo: 184 km Tempo estimado: 2 horas.

O transporte a Arousa Norte


Autobús


Arousa Norte ten unha liña de autobús que percorre os seus catro concellos e comunícaa con Santiago de Compostela (percorre unha distancia de 70 km  aprox. nunha hora).

 

Tren


As estacións de tren máis próximas a Arousa Norte están en Padrón (localizada a 20 minutos a unha distancia de 26 km  aprox.) e Villagarcía de Arousa (localizada a 33 minutos a unha distancia de 38 km aprox.).

Para chegar ata Arousa Norte en transporte público pódese realizar unha ligazón co autobús na estación de autobuses de Padrón (a 10  min. andando da estación de tren) e na de  Villagarcía (a 9  min. andando da estación de tren).

 

Avión


En Galicia temos tres aeroportos: Lavacolla en Santiago de Compostela, Alvedro en A Coruña e Peinador en Vigo.

O aeroporto máis próximo a Arousa Norte é o de Santiago de Compostela (localizado a unha distancia dunha hora a 50 km  aprox.).

Para chegar ata Arousa Norte en transporte público pódese realizar unha ligazón co autobús (Santiago – Ribeira), na estación de autobuses de Santiago de Compostela (a 12 km  aprox. do aeroporto para percorrer en taxi ou autobús).