O máis longo de Galicia, con 36,75 metros a cámara e 37,05 metros o celeiro, ademais do de maior capacidade. A base de pedra é corrida e sobre ela sobresae o tornarratos de cantería. Conserva unhas escaleiras de acceso na parede que da á Igrexa de Santa Baia. A cámara confórmase con perpiaños horizontais en ringleira. Ten cuberta de tella a dúas augas, e as sobrepenas rematan con cruces flanqueadas por pequenos pináculos. A súa construción remóntase ao século XVII. A visión impresiona.