¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Secciones
Síguenos en las redes
Buscar
Idiomas disponibles

Festa da Guadalupe

A “Rianxeira” á luz das bengalas

Sen dúbida é a canción galega máis internacional. Rianxo entóaa na madrugada na que despide a súa festa maior, á luz de milleiros de bengalas e como un gran coro que estremece. É o punto culminante dunha semana con máis de 150 anos de historia e co eixo na súa Virxe Moreniña, esa a quen lle deu a cor a raíña de sol que entrou pola ventaniña. Rianxo homenaxea á Virxe de Guadalupe nunha espectacular procesión marítima pola ría e engalánase de época nun Feirón Mariñeiro multitudinario. O día grande é o primeiro domingo despois do 8 de setembro. 

 

  • SITUACIÓN: Distintas localizacións de Rianxo. Consultar na oficina de turismo municipal.
  • MAIL: turismo@concelloderianxo.gal
  • TELÉFONO: 981 866 663 / 981 860 075
  • WEB: http://rianxo.gal
  • ACCESIBILIDADE: Consultar previamente

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar