Este miradoiro é o máis próximo ao núcleo de Ribeira, dentro do extenso Parque Periurbano, unha fiestra aberta á vila e á ría.
Pode accederse facilmente a pé dende o núcleo de Ribeira, aínda que conta con outras entradas. Na súa contorna reúnense natureza e prehistoria, co ecoparque e as reproducións a tamaño real dos xacementos arqueolóxicos do municipio.