Atópase a 368 metros de altitude na Curota, cunhas excelentes vistas da Ría de Arousa e as súas vilas. O escritor Ramón del Vallé Inclán da nome a este miradoiro, no que hai un monumento, obra de Benito Prieto Cousset, que conmemora as excursións do autor de Luces de Bohemia ou Divinas Palabras pola Serra do Barbanza.
Este miradoiro ten instalacións adaptadas para que poidan gozar del as persoas con discapacidade visual. Unha visita obrigada que porá as sensacións a flor de pel.