¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Secciones
Síguenos en las redes
Buscar
Idiomas disponibles

A MANCOMUNIDADE BARBANZA AROUSA PARTICIPARÁ EN FITUR 2025 COA PRESENTACIÓN: BARBANZA AROUSA, SIEMPRE QUERREMOS VOLVER



Barbanza Arousa presentarase na Feira Internacional de Turismo FITUR o próximo día 23 de xaneiro ás 18:00 horas apelando á desconexión da rutina.

A Mancomunidade Barbanza Arousa participará na próxima edición de FITUR 2025 cunha presentación no stand de Turismo de Galicia o xoves día 23 ás 18:00 horas.

Acompañando cun audiovisual, a Mancomunidade realizará unha presentación que versará sobre dous valores fundamentais do destino: a fidelización do visitante e a oferta de desconexión da rutina os 365 días do ano.

“Barbanza Arousa, siempre querremos volver” pretende convidar ao visitante a descubrir o territorio de vagar, empapándose das pequenas cousas que, ao final, son as máis importantes.

O audiovisual que presentará Barbanza Arousa é un extracto dunha curtometraxe “Siempre querremos volver”, que será estreada a posteriori. Esta produción audiovisual ven dar apoio á personalidade do propio destino que recolle todas as características necesarias para ofrecer unha desconexión da rutina tan necesaria nos nosos tempos.

Preséntase polo tanto Barbanza Arousa como un destino no que a paisaxe, a tranquilidade, a historia do territorio e as posibilidades que ofrece poden ser desfrutadas en calquera momento do ano.

Así mesmo, nesta nova edición de FITUR, a mancomunidade Barbanza Arousa, como primeiro destino supramunicipal de Galicia en obter este recoñecemento,  recollerá o distintivo de Destino Turístico Intelixente outorgado por Segittur nun acto que terá lugar o xoves 23 ás 16:45h no auditorio de Fitur Know-How & Export.

A axenda de participación na feira completarase con reunións de traballo con touroperadores e axentes dixitalizadores para coñecer de primeira man as novidades do sector.

A nivel promocional, un ano máis, a presenza da mancomunidade en FITUR refórzase coa colocación dun tótem publicitario nunha das entradas aos pavillóns expositivos, que todos os anos anteriores ofreceu un feed back extraordinario de visitas á web www.barbanzarousa.gal

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar