Boiro, 4 de Agosto de 2021 - En el proyecto se incluye los puertos náuticos deportivos y marinas de Barbanza Arousa para la información y el sellado y la Asociación Gallega de Actividades Náuticas, que potenciará la comercialización.
O presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa, Adolfo Muiños, e o seu homólogo da Fundación Mar de Arousa Río Ulla, Javier Sánchez-Agustino asinaron esta mañá no Salón de Plenos do Concello de Rianxo un convenio para a potenciación e posta en valor da TRASLATIO. Neste acto tamén participaron José Ramón Romero, alcalde de Boiro; Patricia Lojo, concelleira de cultura da Pobra do Caramiñal; Ramón Doval, concelleiro de turismo de Ribeira; Fátima Cachafeiro e Patricia Miralles, xerente e técnica da Mancomunidade Barbanza Arousa respectivamente; José Manuel Fernández, representante da Asociación Galega de Actividades Náuticas e representantes do Clube Náutico Deportivo de Barraña.
Este convenio é un compromiso de colaboración para a posta en valor da travesía marítima que simboliza o traslado dos restos do Apóstolo cara Santiago de Compostela, a denominada Traslatio. Para este cometido de posicionamento, a Mancomunidade incluirá no produto os portos de Barbanza Arousa para que dispoñan da información do proxecto e das cartillas náuticas que os visitantes poderán selar en cada un dos mesmos. Mediante o selado nos portos deportivos e marinas de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Barraña e Cabo de Cruz en Boiro e en Rianxo os visitantes e peregrinos obterán o diploma acreditativo da Traslatio no concello de Padrón.
Para a comercialización do proxecto, participa no mesmo a Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN), que colaborará coa involucración de touroperadores náuticos para a creación de paquetes e distribución dos mesmos.
O obxectivo é a posta en valor da Ruta Xacobea Mar de Arousa Río Ulla e a atracción de visitantes na realización desta ruta marítima.
Adolfo Muiños, presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa, destaca a importancia do Camiño de Santiago neste territorio por ser a orixe da tradición xacobea e que é este o único destino no que se pode obter a Compostela por terra e por mar.