¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Secciones
Síguenos en las redes
Buscar
Idiomas disponibles
INÍCIASE A X EDICIÓN DA RUTA DE TAPAS DE BARBANZA AROUSA CON CATAS COMENTADAS, OBRADOIRO DE COCIÑA INFANTIL E DIFERENTES SORTEOS


INÍCIASE A X EDICIÓN DA RUTA DE TAPAS DE BARBANZA AROUSA CON CATAS COMENTADAS, OBRADOIRO DE COCIÑA INFANTIL E DIFERENTES SORTEOS



Os meses de outubro e novembro, poderase desfrutar durante catro fins de semana, da gastronomía local mediante tapas que poñen en valor o produto fresco do mar, a conserva e os viños da IXP Terras do Barbanza e Iria.

Ribeira, 14 de outubro de 2024

Esta mañá realizouse a presentación da X Edición da Ruta “Barbanza Arousa, máis que tapas” no Bar Plaza de Ribeira, o gañador deste concello na pasada edición. Participaron nesta presentación o presidente da Mancomunidade e alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral; Julián Bustelo, vicepresidente deste ente e alcalde de Rianxo; José Carlos Vidal, alcalde da Pobra do Caramiñal; María Outeiral, concelleira de Cultura e Turismo de Boiro; Fátima Cachafeiro, xerente da Mancomunidade; Francisco Crusat, en representación das adegas da IXP Terras do Barbanza e Iria e representantes da empresa Somos Enredos, adxudicataria do proxecto.

Este ano o desenvolvemento da Ruta de Tapas será ao longo das fins de semana de outubro e novembro, coa idea de aportar unha actividade dinámica para os establecementos de hostalaría na tempada baixa. Comeza en Boiro, do 25 ao 27 de outubro; continuando en Rianxo, do 1 ao 3 de novembro; para seguir en Ribeira, do 8 ao 10 e rematando na Pobra do Caramiñal, do 15 ao 17 de novembro.

“Este ano, seguindo a evolución dos últimos anos, prevese que o número de establecementos participantes supere os 40 locais comprometidos con esta iniciativa”, manifestou Fátima Cachafeiro, xerente da Mancomunidade.

Ademais de organizar unha actividade que trata de incentivar a demanda na hostalaría en tempada baixa, como expresou Luis Pérez Barral, presidente da Mancomunidade, “o obxectivo tamén pasa por promover o produto local desde a gastronomía, tanto o produto fresco coma a conserva, e os viños da IXP Barbanza e Iria”.

Na edición anterior, o impacto económico no territorio desta iniciativa superou os 40.000 euros, entre a venda de tapas e as consumicións que acompañaban ás mesmas. Neste ano estímase que supere esa cifra.

Ao igual que na edición do ano 2023, a promoción da actividade irá da man de “influencers” do territorio que a través das súas canles en redes sociais promoverán a asistencia e participación nesta X edición da Barbanza Arousa Máis Que Tapas.

Como novidade, apostouse por incluir actividades diferenciadas en cada un dos concellos como son unha ruleta da sorte, cata de viños, obradoiro de cociña infantil e agasallos sorpresa para os participantes.

O alcalde de Ribeira, Luis Pérez Barral, quixo agradecer a implicación un ano máis dos establecementos de hostalaría do territorio ao participar neste proxecto, aportando a súa orixinalidade e bo facer nas presentacións culinarias que farán a delicia de todos os que participemos nas vindeiras fin de semana nalgún dos locais adheridos. Asemade, convidou aos veciños e veciñas e visitantes a percorrer Barbanza Arousa degustando a súa gastronomía local.

 


COMPARTIR