• Serán catro citas durante o mes de Agosto, onde diferentes enclaves do Barbanza serán os protagonistas absolutos.
• O ciclo está promovido pola Mancomunidade Barbanza-Arousa coa colaboración da Xunta de Galicia e os concellos de A Pobra, Rianxo, Ribeira e Boiro.
• As actividades celebraranse cun estrito protocolo de seguridade sanitaria poscovid- 19.
• O primeiro artista confirmado é Carlos Blanco, que actuará no Pazo de Rianxiño o vindeiro sábado 15 de agosto.
O ciclo
As paisaxes do Barbanza pasarán a ser escenarios emblemáticos que albergarán música e narración oral. ‘Paisaxes Sonoras’ nace coa intención de poñer en valor a riqueza da contorna buscando a asociación de cultura, identidade e patrimonio como reforzo do noso acervo. Así, as catro localizacións onde terán lugar as diferentes manifestacións artísticas, non pertencen ao circuito turístico máis recoñecido, senón que se caracterizan por estar vencelladas a poboación de xeito máis transversal. Asímesmo, as actividades terán lugar a plena luz do día para contribuir ó fortalecemento do imaxinario co legado patrimonial.
O aforo
Para cada concerto habilitarase un aforo máximo de 50 persoas, constituido por 23 entradas dobres, reservadas para unidades familiares ou de convivencia, e 4 entradas individuais. A exclusividade do aforo basease tanto nas medidas de seguridade sanitaria contempladas nesta etapa poscovid-19 como no respeto e integridade das localizacións escollidas. Tratase de vivir unha experiencia íntegra que conxulge o desfrute do entorno e da proposta artística. As entradas estarán á venda a partires do luns 20 de xullo, a través de eventbrite.com a un prezo de 6 euros + gastos as dobres e 3 euros + gastos as individuais.
Rianxo: O hórreo do Pazo Rianxiño
Carlos Blanco actuará baixo a sombra do ‘Hórreo de Rianxo’. De pedra na súa totalidade, é o segundo en importancia no municipio e ten como particularidade a súa cuberta de granito a dúas augas. Cos seus casi 25 metros de longo, tardou casi 10 anos en ser construido. Preside maxistralmente a Ruta do Mar de Arousa e Ulla.
O artista: Carlos Blanco
Sen apenas precisar presentación, Carlos Blanco, actor e director teatral, leva máis de 30 anos sobre os escenarios abarcando todas as disciplinas posibles: desde a gran pantalla con participación en películas como “Heroina” de Gerardo Guerrero, “Sé quien eres” de Patricia Ferreira ou “VOLVER” de Pedro Almodóvar, ata o seu paso pola ficción en series como a histórica Mareas Vivas ou máis recentemente Fariña. Como autor, interactúa con outras disciplinas como a musica en iLalelo!, colaborando co músico Budiño, ou con Menú do Día e Menú da Noite colaborando co debuxante Luis Dávila batendo records de asistencia de público en Galicia. Nesta ocasión teremos o pracer de disfrutar del na súa faceta de monologuista que o levou a percorrer todo o mundo co seu particular xeito de entender e ver a vida.
.