¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Secciones
Síguenos en las redes
Buscar
Idiomas disponibles

Cabo Corrubedo

O límite de Barbanza co océano

É o punto máis occidental da península do Barbanza, unha zona rochosa de pequenos cantís e vexetación protexida incluída no Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Este é un lugar perfecto para a observación de aves migratorias que buscan refuxio nos cantís e nos areais. Destacan o corvo mariño moñudo e as gaivotas arxéntea, sombría e patiamarela.
Nun dos extremos do cabo atópase o Faro de Corrubedo, construído en 1853 por Celedonio Uribe. Dende aquí pódese ver unha fermosa estampa das dunas e distinguir as luces doutros faros afastados como os de Fisterra e Cíes.

 

  • SITUACIÓN: parroquia de Corrubedo
  • MAIL: turismo@ribeira.gal
  • TELÉFONO: 686 587 000 / 981 873 007
  • WEB: turismo.riveira.es
  • INCLUIDA NA RUTA/ITINERARIO: Ruta de Corrubedo sendeiro SR-1
  • ACCESIBILIDADE: parcialmente practicable para persoas con mobilidade reducida

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar