¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Secciones
Síguenos en las redes
Buscar
Idiomas disponibles

Desembocadura Ulla

Esteiro de cores camiño a Compostela

No punto máis occidental onde conflúen as provincias de Pontevedra e A Coruña, aquí é onde se asenta o esteiro do río Ulla. Despois de percorrer máis de 130 km desde o seu nacemento, o Ulla penetra no mar formando unha ampla e tranquila enseada con fermosas marismas e arboradas de ribeira, abríndose na Ría de Arousa, unha das máis ricas e diversas de Galicia dende o punto de vista ecolóxico.

As cores verde, azul e ocre acompañan o noso paseo por estes recunchos nunha paisaxe ben fermosa, na que non faltan animais acuáticos como salmóns, troitas, anguías ou lampreas que tentan ir río arriba neste espazo, catalogado como Zona de Especial Conservación (ZEC).

Seguindo o río pola estrada comarcal atoparemos una marabillosa estampa na que o Ulla forma un corredor rodeado de carrizais e pequenos montes que lindan coa serra do Barbanza. Destacan aquí a pintoresca aldea de Quintáns ou o cabo de Trece Cruces, na ladeira do Monte Palleiro.

Neste último punto atópanse As Tres Cruces, un lugar que impresiona e no que hai un conxunto de tres cruceiros de pedra que forman parte dun Vía Crucis marítimo incluído na ‘Ruta Mar de Arousa Río Ulla’, o único Camiño de Santiago por mar que evoca á Traslatio. A cruz central, de maiores dimensións, ten imaxes de Santiago Peregrino, do Cristo crucificado e da Virxe. As laterais son simples crucifixos.

 

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar