¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Secciones
Síguenos en las redes
Buscar
Idiomas disponibles

Parque periurbano de San Roque

Un gran espazo verde convertido en parque temático arqueolóxico con vocación didáctica

Unido por unha senda co centro de Ribeira, o Parque Periurbano de San Roque, situado en Frións, parroquia de Carreira, é un gran espazo verde de notable orixinalidade. Convertido nunha área didáctica prehistórica, os visitantes atoparán nel réplicas sorprendentemente fieis dos achados máis importantes deste concello, como un castro, un dolmen, un menhir, unha mámoa ou petróglifos, así como un Centro de Interpretación Arqueolóxica.

Entre as súas dotacións figuran tamén un miradoiro con extraordinarias vistas de Ribeira e da Ría da Arousa, invernadoiro, obradoiros, cafetería, anfiteatro ou zona de merendeiro, ademais de paneis informativos por todo o percorrido, nunha área que supera os 175.000 m2.

 

  • SITUACIÓN: Frións, parroquia de Carreira.
  • MAIL: turismo@ribeira.gal
  • TELÉFONO: 686 587 000 / 981 873 007
  • WEB: http://turismo.riveira.es
  • ACCESIBILIDADE: Consultar previamente

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar