¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Secciones
Síguenos en las redes
Buscar
Idiomas disponibles

Piscinas Naturais do Río Pedras

O primixenio parque acuático

O río Pedras esculpiu neste lugar varias pozas ou piscinas naturais, con saltos de auga e pequenas fervenzas, case como un parque acuático no que podemos gozar dun baño ben refrescante tirándonos por tobogáns de pedra ou mergullándonos nas charcas dende as rochas. Un oasis de natureza moi divertido.

Ao longo do percorrido para chegar a este pequeno paraíso atópanse distintos vestixios que farán a nosa visita máis interesante: antigos muíños de pedra, unha ponte medieval ou os restos do Convento de San Xoán de Lesón (A Miserela). O lugar ata conta cunha lenda propia sobre San Amaro, unha barca de pedra e os mouros que non conseguiron capturalo porque o río enchíase de cantos rodados que lles impedían o paso.

 

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar