A extensa praia de Barraña, a praia urbana de Boiro, foi a pioneira do turismo no concello, con augas tranquilas e suave pendente. Alcanza dende o esteiro do río Coroño ata o final do areal de Barraña-Saltiño, en Rebordelo.
Un paseo marítimo percorre estes dous areais ao longo de 3 quilómetros onde podemos atopar un parque biosaudable, carril-bici, campo de fútbol e de voleibol-praia, área de adestramento, parques infantís e varios puntos accesibles. Así mesmo, ao longo do traxecto atópanse tamén restaurantes, grellas, un cámping e unha zona para caravanas.
- Lonxitude (metros): 1530 metros
- Anchura media: 35 metros
- Ondada: augas tranquilas
- Tipo de area: Arena branca fina
- Ocupación tempada estival: Alta
- Servizos: aseos, duchas, puntos de reciclaxe nos accesos, paseo marítimo, servicio de limpeza, pasarela de acceso, merendeiro, piñeiral, salvamento, sinalización estado do mar, aparcamento e puntos accesibles.