¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Secciones
Síguenos en las redes
Buscar
Idiomas disponibles

Praias de Rianxo

Rianxo é o municipio de Barbanza-Arousa situado na cara máis ao interior da ría e polo tanto, o que ten as praias máis protexidas. As súas augas adoitan ser un remanso de paz e perfectas para o baño.

Praia das Cunchas

Praia das Cunchas

A praia das Cunchas é un areal tranquilo nun precioso contorno fluvial, preto da desembocadura do río Ulla. Este é un lugar perfecto para pasar o día en familia, con aparcadoiro, piñeiral e posto de comidas. Ao seu carón atópase a praia do Porrón e moi preto hai un castro e os petróglifos dos Mouchos.

 

  • Lonxitude (metros): 130 metros
  • Tipo: Praia resgardada
  • Tipo de area: Gorda

 

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Praia da Torre

Praia da Torre

Esta é a praia máis longa de Rianxo, na desembocadura do río Té, en Taragoña. Ata ela chega o paseo marítimo da localidade e dispón dunha ampla zona de recreo. Moi preto do areal, cruzando unha ponte sobre o río, atópanse as ruínas do Castelo da Lúa e o porto do Pazo. 

 

  • Lonxitude (metros): 930 metros
  • Tipo: Praia resgardada
  • Ondada: Feble
  • Tipo de area: Fina
  • Ocupación temporada estival: Alta
  • Servizos: Chiringuito, aparcadoiro, zona de merendar.

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Praia do Porrón

400 metros de area fina para gozar dunha xornada familiar. A praia do Porrón é perfecta para acudir con nen@s polas súas augas tranquilas e situación resgardada. A punta do Castro, no que se atopa un antigo asentamento castrexo, separa esta praia da das Cunchas.

 

  • Lonxitude (metros): 400 metros
  • Tipo: Praia resgardada
  • Ondada: Feble
  • Tipo de area: Fina
  • Ocupación temporada estival: Alta

 

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Praia de Tanxil

Esta é a principal praia do concello de Rianxo en canto a número de visitantes, servizos e pola súa proximidade ao casco urbano. De augas tranquilas e area gorda, no seu contorno atópase o Pazo de Baltar ao que pertenceu o seu dique.

 

  • Lonxitude (metros): 220 metros
  • Tipo: Praia resgardada
  • Tipo de area: Grosa
  • Ocupación temporada estival: Alta
  • Servizos: Parque, servizo de salvamento, duchas, aseos, aparcadoiro, restaurantes, teléfono, acceso persoas con diversidade funcional

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar