¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Praias de Ribeira

A costa de Ribeira está salpicada por numerosos areais, de augas tranquilas no interior da ría e máis amplas e de natureza salvaxe na a súa parte máis atlántica. Poderemos gozar de paisaxes adornadas con impresionantes dunas e a grandiosidade das moles rochosas.

Praia da Ameixida

Augas tranquilas salpicadas por dornas

Próxima ao núcleo de Mosqueiros, no interior da ría, esta praia de contorna urbana, area fina e augas tranquilas ofrece unha estampa pintoresca e tradicionalmente mariñeira. Nun dos seus laterais conta cun pequeno embarcadoiro e as ‘dornas’ salpican a escena.

Dispón de accesibilidade peonil, en coche e en autobús.

 

  • Lonxitude (metros): 200 metros
  • Anchura media: 15 metros
  • Oleaxe: tranquila
  • Tipo de area: branca e de gran fino
  • Ocupación tempada estival: media
  • Servizos: Deportes Acuáticos | Posto de Socorro | Papeleiras | Zona de Fondeo | Aseos | Aparcamento | Servizo de Limpeza | Equipo de Salvamento | Teléfono Público | Auga Potable | Duchas

 

 

Praia de A Ladeira

Natureza salvaxe con vistas ao xigante de area

Situada na parte máis atlántica de Ribeira, dentro do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Víxán, a escasos 2.000 metros das dunas e as lagoas, ás que poderemos acceder desde a propia praia. Desde este lugar de fina area branca teremos unha fantástica vista da gran duna móbil que se eleva por detrás. As condicións son óptimas para a práctica de deportes como o windsurf. Tamén é unha boa zona para a pesca con cana.

 

  • Lonxitude (metros): 1.350 metros
  • Anchura media: 40 metros
  • Oleaxe: moderada
  • Tipo de area: de cor branca e gran fino
  • Ocupación tempada estival: alta
  • Servizos: Sinalización | Posto de Socorro | Papeleiras | Aseos Persoas Mobilidade Reducida | Servizo de Limpeza | Zona de Fondeo | Deportes Acuáticos | Equipo de Salvamento

 

Praia de Castro e A Catía

O Castro e A Catía forman xuntas un precioso areal refuxiado e de entorno urbano de 1,25 km de area branca e fina no núcleo de Aguiño, ao sur de Ribeira e na cara interior da Ría da Arousa. Ao norte, no límite con Castiñeiras, hai unha antiga salgadura e un secadoiro de peixe.

A pesar de ser unha praia con vento, as súas augas adoitan ser tranquilas e axeitadas para o baño. A zona é moi recomendable para a práctica de pesca submarina, pesca con cana ou windsurf.

 

  • Lonxitude (metros): 1250 metros
  • Anchura media: 15 metros
  • Oleaxe: tranquila
  • Tipo de area: de cor branca e gran fino
  • Ocupación tempada estival: alta
  • Servizos: Duchas | Auga Potable | Aseos | Posto de Socorro | Sinalización | Equipo de Salvamento | Papeleiras | Teléfono Público | Deportes Acuáticos | Aparcamento | Zona de Fondeo | Servizo de Limpeza |

 

 

Praia da Corna

Esta praia con forma de enseada atópase no núcleo urbano de Palmeira e está rodeada por un amplo campo dunar protexido, considerado o mellor conservado da Ría da Arousa, con vexetación propia dos ecosistemas costeiros. Nela desemboca o río Esteirón, que actúa como fronteira co municipio veciño da Pobra do Caramiñal.

De branca area fina e augas limpas e tranquilas, A Corna é perfecta para gozar dunhas fantásticas vistas da ría da Arousa case no seu tramo final, camiñando polo seu extenso paseo marítimo ao longo de toda a praia ou desde embarcacións de recreo.

 

  • Lonxitude (metros): 600 metros no concello de Ribeira, 1.500 coa parte da Pobra do Caramiñal
  • Anchura media: 12 metros
  • Oleaxe: tranquila
  • Tipo de area: area de cor branca e gran fino
  • Ocupación tempada estival: alta
  • Servizos: Servizo de Limpeza | Deportes Acuáticos | Accesibilidade Persoas Mobilidade Reducida | Sinalización | Teléfono Público | Aseos Persoas Mobilidade Reducida | Duchas | Equipo de Salvamento | Posto de Socorro | Aparcamentos | Papeleiras | Aseos | Zona de Fondeo | Cadeiras Anfibias | Auga Potable

 

Praia de Castiñeiras

Atópase no núcleo de Castiñeiras, cun embarcadoiro nun dos seus extremos e paseo marítimo con vista panorámica da ría. A praia está bastante protexida e as súas augas son tranquilas para o baño.
Este areal é recomendable para a práctica de pesca submarina e pesca con cana pola riqueza dos seus fondos.

 

  • Lonxitude (metros):485 metros
  • Anchura media: 20 metros
  • Oleaxe: tranquila
  • Tipo de area: branca e fina
  • Ocupación tempada estival: media
  • Servizos: Servizo de Limpeza | Teléfono Público | Papeleiras | Deportes Acuáticos | Auga Potable | Zona de Fondeo | Duchas | Aparcamento

 

 

Praia do Prado

Praia de entorno urbano no sur do núcleo de Corrubedo. Con forma de enseada, a metade do areal está resgardada polas casas da vila e a outra parte conta con vexetación baixa e un antigo secadoiro de peixe. Con augas tranquilas, a praia é axeitada para a pesca con cana e para o fondeo de embarcacións deportivas.

 

  • Lonxitude (metros): 270  metros
  • Anchura media: 25 metros
  • Oleaxe: pouca
  • Tipo de area: branca e fina
  • Ocupación tempada estival: tranquila
  • Servizos: Papeleiras | Servizo de Limpeza | Duchas | Zona de Fondeo | Aseos

 

Praia do Vilar

De aspecto virxe e salvaxe, é o principal areal do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, e atópase rodeado por vexetación dunar, bosques e hortas.

Ten forma rectilínea, con area branca, fina e protexida. O vento e a forte ondada favorecen as condicións para practicar deportes como surf ou windsurf. Hai correntes e resaca forte nos momentos de marea baixa.

 

  • Lonxitudr (metros): 750 metros
  • Anchura media: 40 metros
  • Oleaxe: forte
  • Tipo de area: branca e fina
  • Ocupación tempada estival: alta
  • Servizos: Auga Potable | Accesibilidade Persoas Mobilidade Reducida | Equipo de Salvamento | Aseos Persoas Mobilidade Reducida | Servizo de Limpeza | Duchas | Papeleiras | Deportes Acuáticos | Aseos | Aparcamentos Persoas Mobilidade Reducida | Aparcamento | Posto de Socorro | Sinalización | Teléfono Público

 

 

Praia de Río Azor

Este areal de contorna virxe está situado na parroquia de Palmeira. Dende aquí poderemos gozar dunhas fantásticas vistas da vila de Ribeira, da Ría da Arousa e dalgunhas das súas illas.

 

  • Lonxitude (metros): 750 metros
  • Anchura media: 40 metros
  • Oleaxe: forte
  • Tipo de area: branca e fina
  • Ocupación tempada estival: alta
  • Servizos: Auga Potable | Accesibilidade Persoas Mobilidade Reducida | Equipo de Salvamento | Aseos Persoas Mobilidade Reducida | Servizo de Limpeza | Duchas | Papeleiras | Deportes Acuáticos | Aseos | Aparcamentos Persoas Mobilidade Reducida | Aparcamento | Posto de Socorro | Sinalización | Teléfono Público

 

Praia de Coroso

Situada en Santa Uxía de Ribeira, esta tranquila praia conta cunha ampla extensión dende o porto náutico ata a punta de Coroso, cun fantástico paseo marítimo e vistas a Ribeira, a Illa de Rúa e do tramo final da Ría de Arousa. Ten bandeira azul da Unión Europea.

 

  • Lonxitude (metros): 1.750  metros
  • Anchura media: 20 metros
  • Oleaxe: feble
  • Tipo de area: branca e gran medio
  • Ocupación tempada estival: alta
  • Servizos: Sinalización | Aparcamento | Auga Potable | Aparcamentos Persoas Mobilidade Reducida | Equipo de Salvamento | Teléfono Público | Servizo de Limpeza | Posto de Socorro | Papeleiras | Duchas | Accesibilidade Persoas Mobilidade Reducida | Zona de Fondeo de Nó a Motor | Aseos | Zona de Fondeo

 

Praia de Touro

A diferencia da maioría das praias de Ribeira, a de Touro é de area gorda e dourada, cun contorno rochoso e protexido, e cunha boa panorámica da ría. As augas son bastante tranquilas e boas para o baño.

 

  • Lonxitude (metros): 10/20 metros
  • Anchura media: 10 metros
  • Oleaxe: feble
  • Tipo de area: dourada e gorda
  • Ocupación tempada estival: alta
  • Servizos: Zona de Fondeo de Nó a Motor | Servizo de Limpeza | Aseos | Posto de Socorro | Aparcamento | Papeleiras | Equipo de Salvamento | Auga Potable | Deportes Acuáticos | Duchas

 

Praia de Area Secada

Atópase na parte sur de Santa Uxía de Ribeira, ao lado da praia de Touro, e conta cunhas fantásticas vistas. Esta praia é de contorna urbana, con area fina e dourada, e de augas tranquilas perfectas para o baño.

 

  • Lonxitude (metros): 130  metros
  • Anchura media: 15 metros
  • Oleaxe: pouca
  • Tipo de area: dourada e fina
  • Ocupación tempada estival: media
  • Servizos: Zona de Fondeo de Nó a Motor | Servizo de Limpeza | Papeleiras | Aparcamento | Duchas | Deportes Acuáticos


 

Contidos relacionados