Está situado ao lado do porto pesqueiro de Ribeira, protexido por un dique orientado ao noroeste. A súa placidez contrasta co bulicio das dársenas pesqueiras. Con 239 amarres, aquí pódense alugar embarcacións ou participar en cursos de vela lixeira e cruceiro ou mergullo recreativo, así como competir en numerosas regatas.