¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Secciones
Síguenos en las redes
Buscar
Idiomas disponibles

Presentación


 

Qué é a Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa?

SICTED Compromiso de Calidade Turística


É unha entidade pública local de ámbito supramunicipal, fundada no ano 1974 coa finalidade de mancomunar servizos entre os concellos que forman a comarca do Barbanza (A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira), situados na zona norte da Ría de Arousa (provincia da Coruña).

No ano 2002 a Mancomunidade pasou a centrarse nun dos seus principais obxectivos, o turismo, implantando accións para consolidar Barbanza Arousa como un destino turístico diferenciado e de calidade dentro do panorama nacional e internacional.

Na actualidade, Barbanza Arousa reforzouse como destino grazas, en boa medida, á  súa posta en valor mediante a colaboración e sensibilización do sector empresarial e a poboación local. Este bo facer denotase no número de empresas que no 2023 se asociaron e comprometéronse en cumplir cos estándares de calidade sinalados no Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED), sumando un total de 36 establecementos participantes, cuxa cifra se estima que permaneza ao alza os vindeiros anos, potenciando aínda máis a marca destino Barbanza Arousa e á súa vez a satisfacción do viaxeiro.

 

 

Qué é Barbanza Arousa?

É natureza, acougo e calidade.

Barbanza Arousa son catro pobos mariñeiros habitados por unhas xentes de carácter aberto e hospitalario que farán sentirse ao viaxeiro como na súa propia casa.

A localización, no corazón da costa atlántica galega, e unhas boas infraestruturas de comunicación fan que o destino resulte facilmente  alcanzable. A fértil Ría de Arousa, que baña estes catro concellos, é unha das máis prestixiosas e recoñecidas a nivel mundial pola nobreza con que os seus produtos tinguen a súa gastronomía.

Complementado cunha considerable conservación do patrimonio natural, permite gozar de todo tipo de actividades ao aire libre en paraxes únicas e salvaxes como o Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo, lagoas de Carregal e  Vixán ou o amplo abanico de praias e roteiros de sendeirismo que se ofertan.

Grazas á extensa rede de recursos turísticos ligada coa cultura, etnografía e o pasado, permite unha oferta  desestacionalizada e versátil para calquera tipo de público. A Accesibilidade Universal está presente na oferta turística de Barbanza Arousa, o que fai que os obxectivos do desenvolvemento turístico están encamiñados a que todas as persoas, cada unha coas súas capacidades, poidan apreciar o valioso patrimonio destas terras.

Un destino con moito que ofrecer e todo por descubrir!